sábado, 24 de septiembre de 2011
CABO TOURIÑÁN
MIRA NESTE ENLACE ONDE ESTÁ O CABO TOURIÑÁN EN GOOGLE EARTH OU GOOGLE MAPS:
http://maps.google.es/maps?hl=es&tab=wl
LE ESTE ARTIGO:
El Cabo Touriñán ofrece la puesta de sol más tardía de toda la Europa continental
INTRODUCE UN COMENTARIO NA ENTRADA DO BLOG.
SUXERENCIAS A RESPONDER NO COMENTARIO:
RESUMO EN POUCAS LIÑAS DA IDEA PRINCIPAL DO ARTIGO
QUE É LATITUDE E LONXITUDE?
POR QUE SE VE AQUÍ A POSTA DE SOL MÁIS TARDÍA? E LOGO NO CABO FINISTERRE?
POR QUE SÓ SE PODE VER ESES DÍAS A POSTA DE SOL MÁIS TARDÍA E NON TODO O ANO?
O RÍO UMIA
O río Umia nace na parroquia de Aciveiro, municipio de Forcarei, e recorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados, creando unha bacía (conca fluvial) de 404 km². Finalmente, desemboca na Ría de Arousa, na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.
O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa, Filloi, Alende e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado ata Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Caldas de Reis, cae en fervenza. Ó desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia, crea unhas marismas nas que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.
O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo no seu entorno diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.
O RÍO PASANDO POR RIBADUMIA
(Entrada feita por Silvia Fernández)
(Entrada feita por Silvia Fernández)
O RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA
Mapa xeolóxico da Península Ibérica
Estas montaxes en power point pódennos axudar a estudar o relevo peninsular:
O relevo de España
O Relevo da Península Ibérica.
Tipos de Rochas
NOVO BLOG
No grupo 2º BACH B empezamos un novo blog.
Como estamos estudando o mapa físico e político de España aqui tendes un enlace que vos pode axudar: mapas interactivos.
Como estamos estudando o mapa físico e político de España aqui tendes un enlace que vos pode axudar: mapas interactivos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)