- Oceánico (con variedades de interior e Rías Baixas)
- Mediterráneo (con variedades máis máis húmidas no norte: Girona e Menorca e na costa atlántica, Huelva e Cádiz)
- Interior ou Mediterráneo continentalizado (con variedade Meseta Norte de invernos moi fríos e veráns frescos e variedade Val do Guadalquivir con veráns moi calurosos e invernos suaves)
- Árido ou Mediterráneo árido no surleste da Península. Hai tamén unha variedade árida de invernos fríos no centro da depresión do Ebro.
- De Montaña, non diferenciamos variedades, todos teñen características similares, as precipitacións son máis altas e as tempertauras máis baixas.
- Subtropical nas Canarias, con diferencias entre as illas occidentais máis chuviosas e as orientais máis secas e entre o norte das illas a barlovento dos Alisios (máis húmidas) e o sur a sotavento (máis secas).
Climas de España from xosea
Como facer un climograma cunha folla de cálculo (excel ou open office): mirar en climas do mundo.
Un climograma feito con excel:
Fixádevos que o gráfico ten dous eixos de ordenadas, un para os valores da precipitacións e outro para os das temperaturas e que un debe estar ao dobre do outro (precipitacións respecto a temperaturas) para que así podamos ver se hai aridez (usando ese sinxelo índice de que hai aridez cando P< 2T)