Vese un potentísimo anticiclón sobre Rusia, chega a haber valores de 1056 milibares ou hectopascais o que nos fala de que é aire moi frío (que ao arrefriarse tanto, pesa máis e descende dando lugar a altas presións de orixe térmico). Este anticiclón manda aire moi frío e seco, polar e ártico continental e de dirección norleste. Sobre Italia hai unha borrasca que reforza o envío deste aire frío cara o suroeste de Europa. Sobre gran parte da península temos anticiclón, por exemplo en Galicia e polo tanto tempo moi frío pero soleado. Só a borrasca italiana manda aire húmido e fixo que se deran nevadas no leste da Península.
E como resultado temos este tempo en Galicia:
Mira as baixisimas temperaturas rexistradas, especialmente nas zonas de interior e montaña.
Neste artigo do xornal El País un metereólogo explica de xeito sinxelo esta situación atmosférica: