domingo, 10 de marzo de 2013

RECALIFICACIÓN DE TERREOS

Ás veces os Concellos e por razóns diversas, recalifican os terreos catalogados nos plans xerais de ordenación municipal. Veremos a continuación un caso acontecido no Concello de Cambados recentemente. Trátase do chamado Pinal da Maza situado na parroquia de Vilariño.

Na foto aérea obtida do visor do Ministerio de Agricultura vese o terreo fai uns anos e o seu uso forestal.




Se vemos unha foto do mapa coa calificación dos terreos que o Concello elaborou en 2004 veremos que este está catalogado como: cor verde sucio que corresponde a "Solo rústico de proteción forestal"


Finalmente o Concello autorizou a utilización deste espacio como uso agrícola, para unha plantación de vide albariña.  Nesta foto de Google Earth que indica que é de xullo de 2012 xa aparece o terreo desbastado (e devastado) para ese uso.


Unha nova no xornal tamén nos dá idea das consecuencias xeomorfolóxicas e a conseguinte erosión do chan que trae consigo deforestar un área tan ampla e de forte pendente, cando se producen fortes chuvias, como aconteceu este inverno:


San Antonio registra otro vertido de tierra y piedras procedente del Pinal de Maza

Outro exemplo de recalificación:


El polígono de Sete Pías se ampliará con 250.000 metros cuadrados de zona forestal




miércoles, 6 de marzo de 2013

XENTRIFICACIÓN

A wikipedia define así a xentrificación:

" é un concepto urbanístico referido a un proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta. A palabra provén do termo inglés gentrification que é equivalente a aburguesamento".

Neste artigo do xornal El País falan deste fenómeno e poñen como exemplo ao barrio neoyorquino de Williamsburg, en Brooklyn.

Los 'yukis', ese grupo encargado de aburguesar los barrios

Son los nuevos 'yuppies'. Analizamos el fenómeno de los 'yukis' (Young Urban Kreative International), el grupo responsable de la gentrificación de las zonas más humildes de las cuidades.

 

Unha vista do barrio coa ponte de Williamsburg ao fondo que conecta Brooklyn con Manhattan

Antiga fábrica de azucre "Domino sugar" que vai ser rehabilitada como zona residencial

Antiga fábrica reconvertida en centro de Arte


PENSA EXEMPLOS DE BARRIOS DE CIDADES ESPAÑOLAS OU GALEGAS NAS QUE SE DEA O MESMO FENÓMENO