sábado, 15 de noviembre de 2014

MAPAS DE DISTRIBUCIÓN DE VEXETACIÓN

Mapas de distribución de vexetación indicados para selectividade:








CLIMOGRAMAS. VALORES DE REFERENCIA

Valores de referencia para o comentario de climogramas.

TEMPERATURAS:

Ter en conta que manexamos sempre temperaturas medias, non absolutas

En inverno:

- por debaixo de 6º: invernos fríos, por exemplo nas mesetas
- por riba de 10 º: invernos suaves, por exemplo na costa sur mediterránea: Málaga

En verán:

- por debaixo de 20 º: veráns frescos, por exem. na cornixa cantábrica
- por riba de 22º: veráns calurosos, por exem. na costa mediterránea
- por riba de 25 º: veráns moi calurosos, exem. Val do Guadalquivir

OSCILACIÓN TÉRMICA:

- alta: superior a 15 º indica que se trata dun lugar situado no interior, lonxe da influenza do mar, por exemplo nas Mesetas

- media: entre 12 e 15 º, indica localización costeira pero con temperaturas altas de verán, por exem. na costa mediterránea

- baixa: menor de 12 º: localización costeira con veráns e invernos suaves, por exem. zonas de clima oceánico


ARIDEZ:

Usamos o índice de Gaussen, polo cal hai un mes árido cando  a Precip. é menor ou igual que o dobre das temperaturas          P<2T

Os climas oceánicos e de montaña non teñen meses áridos. So a variedade Rías Baixas por influenza do Anticiclón das Azores no verán pode ter algún.

Os climas mediterráneos e de interior (mediterráneos continentalizados) teñen varios meses áridos 3-4

O clima árido do surleste da península e o subtropical de Canarias teñen máis de 5 meses áridos

PRECIPITACIÓNS:

En xeral considérase que a ESPAÑA HÚMIDA está por riba dos 800 mm de precipitación anual, a ESPAÑA SECA entre 400 e 800 mm e a ESPAÑA ÁRIDA por debaixo de 400 mm


No clima oceánico e de montaña  soe estar por riba dos 1000 mm de precip.
No mediterráneo e de interior (mediterráneo continentalizado) entre 400 e 800 mm
No árido e subtropical por debaixo de 400 mm

SITUACIÓNS METEREOLÓXICAS

Interesante presentación con situacións metereolóxicas comentadas:


Algúns tipos de tempo comentados from xosea 

Presentación cos tipos de tempo de referencia de selectividade comentados