jueves, 16 de noviembre de 2017

IDEAS CLAVE EN METEREOLOXÍA

Ideas que non debes esquecer de cara ao comentario dun boletín metereolóxico ou mapa de isóbaras de superficie:


- Nos anticiclóns o aire móvese en sentido horario


- Nas borrascas o aire móvese en sentido antihorario


- Cando o aire ascende, arrefríase, condensa a humidade e chove, isto está relacionado coas borrascas


- Cando o aire descende requéntase, non provoca chuvias, isto está relacionado cos anticiclóns.


- As isóbaras son liñas que unen puntos de igual presión


- A presión normal é 1013 mb, por riba dese valor temos unha alta presión ou anticiclón e por debaixo unha baixa presión ou borrasca.


- As isóbaras son como os camiños polos que circula o vento, sabendo isto e o sentido de xiro do vento en anticiclóns e borrascas podemos deducir a dirección do vento nun mapa de isóbaras.


- A dirección do vento sempre é de onde vén, non a onde vai.


- Se as isóbaras están moi xuntas o vento será forte


- Un anticiclón sempre trae tempo seco e soleado, e unha borrasca tempo chuvioso e inestable.


- Un anticiclón non sempre provoca tempo cálido, nin unha borrasca tempo frío. Isto ten máis relación coa dirección do vento e as masas de aire. Se vén do norte fará máis frío se vén do sur as temperaturas serán máis altas.


- Co paso dunha fronte fría poden baixar un pouco as temperaturas e co paso dunha fronte cálida subir. Pero como dixen a temperatura que faga depende fundamentalmente da dirección do vento.