Unha pirámide de poboación é un tipo de gráfico de barras que tamén se pode chamar histograma de frecuencias. Son dous gráficos en un, porque se representa a poboación dun país (ou outro territorio) nun ano concreto diferenciando por idades, normalmente de de 5 en 5 anos, ou tamén de ano en ano. E úsase un gráfico para os homes (esquerda) e outro para as mulleres (dereita).
Polo tanto nunha pirámide podemos saber exactamente cantos habitantes de, por exemplo 1 ano, había nese ano, nese país. Porque no eixe horizontal temos unha escala en números absolutos (miles de persoas) ou relativos (porcentaxe respecto do total de poboación).
Nesta pirámide a escala horizontal está en porcentaxes respecto do total da poboación, polo que debemos saber o dato de poboación de España no 2016, que era de 46.440.000 habitantes. Queremos saber cantos nenas e nenos de 1 ano había en 2016. Miramos as barras da pirámide, que neste caso van de ano en ano. Os nenos (azul e esquerda) eran o 0,9 % da poboación. Eso son 417960 nenos. Faltan as nenas (en laranxa, dereita). Son o 0,8% da poboación. Fixádevos nacen menos nenas que nenos!!!. Eso son 371520 nenas de un ano. Sumamos os dous datos e temos que en 2016 había en España 789480 nenos e nenas de menos de 1 ano de idade.
Queredes probar a calcular cantos había de 40 anos? Veredes que hai moita máis xente de 40 anos que de 1 ano, cando o normal é que a medida que vai pasando o tempo a xente vaia morrendo. Por que pasa esto? porque fai 40 anos, 2016 - 40, é dicir en 1976 nacían bastantes máis nenos que agora e pese a que morreu xente dende aquela, seguen sendo moitos máis. Lembrade que en 1976 acababa de morrer franco e aínda a natalidade era alta, eso si a partir de aí, polos motivos que sabedes, empeza a descender. Mirade na pirámide como as barras se van estreitanto. Na pirámide se miramos as barras de arriba estas corresponden a momentos máis lonxanos na nosa historia, e ao revés, coas primeiras barras. É dicir nunha pirámide podemos ver a historia demográfica dun país, alomenos nos últimos 80-100 anos.