Unha pirámide de poboación é un tipo de gráfico de barras que tamén se pode chamar histograma de frecuencias. Son dous gráficos en un, porque se representa a poboación dun país (ou outro territorio) nun ano concreto diferenciando por idades, normalmente de de 5 en 5 anos, ou tamén de ano en ano. E úsase un gráfico para os homes (esquerda) e outro para as mulleres (dereita).
Polo tanto nunha pirámide podemos saber exactamente cantos habitantes de, por exemplo 1 ano, había nese ano, nese país. Porque no eixe horizontal temos unha escala en números absolutos (miles de persoas) ou relativos (porcentaxe respecto do total de poboación).
Nesta pirámide a escala horizontal está en porcentaxes respecto do total da poboación, polo que debemos saber o dato de poboación de España no 2016, que era de 46.440.000 habitantes. Queremos saber cantos nenas e nenos de 1 ano había en 2016. Miramos as barras da pirámide, que neste caso van de ano en ano. Os nenos (azul e esquerda) eran o 0,9 % da poboación. Eso son 417960 nenos. Faltan as nenas (en laranxa, dereita). Son o 0,8% da poboación. Fixádevos nacen menos nenas que nenos!!!. Eso son 371520 nenas de un ano. Sumamos os dous datos e temos que en 2016 había en España 789480 nenos e nenas de menos de 1 ano de idade.
Queredes probar a calcular cantos había de 40 anos? Veredes que hai moita máis xente de 40 anos que de 1 ano, cando o normal é que a medida que vai pasando o tempo a xente vaia morrendo. Por que pasa esto? porque fai 40 anos, 2016 - 40, é dicir en 1976 nacían bastantes máis nenos que agora e pese a que morreu xente dende aquela, seguen sendo moitos máis. Lembrade que en 1976 acababa de morrer franco e aínda a natalidade era alta, eso si a partir de aí, polos motivos que sabedes, empeza a descender. Mirade na pirámide como as barras se van estreitanto. Na pirámide se miramos as barras de arriba estas corresponden a momentos máis lonxanos na nosa historia, e ao revés, coas primeiras barras. É dicir nunha pirámide podemos ver a historia demográfica dun país, alomenos nos últimos 80-100 anos.
martes, 14 de abril de 2020
viernes, 17 de enero de 2020
lunes, 13 de enero de 2020
jueves, 16 de noviembre de 2017
IDEAS CLAVE EN METEREOLOXÍA
Ideas que non debes esquecer de cara ao comentario dun boletín metereolóxico ou mapa de isóbaras de superficie:
- Nos anticiclóns o aire móvese en sentido horario
- Nas borrascas o aire móvese en sentido antihorario
- Cando o aire ascende, arrefríase, condensa a humidade e chove, isto está relacionado coas borrascas
- Cando o aire descende requéntase, non provoca chuvias, isto está relacionado cos anticiclóns.
- As isóbaras son liñas que unen puntos de igual presión
- A presión normal é 1013 mb, por riba dese valor temos unha alta presión ou anticiclón e por debaixo unha baixa presión ou borrasca.
- As isóbaras son como os camiños polos que circula o vento, sabendo isto e o sentido de xiro do vento en anticiclóns e borrascas podemos deducir a dirección do vento nun mapa de isóbaras.
- A dirección do vento sempre é de onde vén, non a onde vai.
- Se as isóbaras están moi xuntas o vento será forte
- Un anticiclón sempre trae tempo seco e soleado, e unha borrasca tempo chuvioso e inestable.
- Un anticiclón non sempre provoca tempo cálido, nin unha borrasca tempo frío. Isto ten máis relación coa dirección do vento e as masas de aire. Se vén do norte fará máis frío se vén do sur as temperaturas serán máis altas.
- Co paso dunha fronte fría poden baixar un pouco as temperaturas e co paso dunha fronte cálida subir. Pero como dixen a temperatura que faga depende fundamentalmente da dirección do vento.

jueves, 27 de abril de 2017
domingo, 19 de marzo de 2017
lunes, 13 de marzo de 2017
ENERXÍA NUCLEAR EN ESPAÑA
CENTRAIS NUCLEARES EN ESPAÑA
DATA DE PECHE DAS CENTRAIS
(se o goberno o autoriza)
La central nuclear de Garoña podrá volver a operar
las nucleares más viejas del mundo (Garoña incluida)
La contaminación radiactiva mata
ACCIDENTE DE FUKUSHIMA
O TSUNAMI
sábado, 11 de marzo de 2017
A ACTIVIDADE AGRARIA
lunes, 16 de enero de 2017
COMO FACER UNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN CUNHA FOLLA DE CÁLCULO
-Primeiro temos que conseguir os datos, no caso de España están na páxina do INE:
http://www.ine.es/jaxi/Tabla.htm?path=/t20/e245/p04/provi/l0/&file=00000002.px&L=0
neste enlace corresponden a 2016
- aquí tendes un tutorial en video que vos axudará, ou se preferides neste pdf
martes, 10 de enero de 2017
FERRAMENTAS DEMOGRÁFICAS
O CENSO
O PADRÓN MUNICIPAL
Explica as diferenzas: mira este enlace
INSTITUTOS ESTATÍSTICOS:
Instituto Nacional de Estadística en España,
Instituto Galego de Estatística en Galicia
Expresar gráficamente as estatísticas: MAPAS TEMÁTICOS
FAI UN MAPA DE DENSIDADES DE POBOACIÓN POR PROVINCIAS
USA ESTES DATOS
domingo, 27 de noviembre de 2016
MAPAS DE CLIMAS, VEXETACIÓN E RÍOS
CLIMAS DE ESPAÑA
TEMPERATURAS MEDIAS ANUAIS
PRECIPITACIÓNS
VERTENTES E CUNCAS FLUVIAIS
REXÍMENES FLUVIAIS
VEXETACIÓN
TEMPERATURAS MEDIAS ANUAIS
PRECIPITACIÓNS
VERTENTES E CUNCAS FLUVIAIS
REXÍMENES FLUVIAIS
VEXETACIÓN
lunes, 25 de abril de 2016
PAISAXES AGRARIAS
Presentación sobre paisaxes agrarias:
domingo, 11 de octubre de 2015
IMAXES DE TIPOS DE MODELADO
Video de Xosé Antón sobre tipos de modelado, seguindo o aparecido no exame de selectividade de setembro de 2015:
sábado, 15 de noviembre de 2014
CLIMOGRAMAS. VALORES DE REFERENCIA
Valores de referencia para o comentario de climogramas.
TEMPERATURAS:
Ter en conta que manexamos sempre temperaturas medias, non absolutas
En inverno:
- por debaixo de 6º: invernos fríos, por exemplo nas mesetas
- por riba de 10 º: invernos suaves, por exemplo na costa sur mediterránea: Málaga
En verán:
- por debaixo de 20 º: veráns frescos, por exem. na cornixa cantábrica
- por riba de 22º: veráns calurosos, por exem. na costa mediterránea
- por riba de 25 º: veráns moi calurosos, exem. Val do Guadalquivir
OSCILACIÓN TÉRMICA:
- alta: superior a 15 º indica que se trata dun lugar situado no interior, lonxe da influenza do mar, por exemplo nas Mesetas
- media: entre 12 e 15 º, indica localización costeira pero con temperaturas altas de verán, por exem. na costa mediterránea
- baixa: menor de 12 º: localización costeira con veráns e invernos suaves, por exem. zonas de clima oceánico
ARIDEZ:

Usamos o índice de Gaussen, polo cal hai un mes árido cando a Precip. é menor ou igual que o dobre das temperaturas P<2T
Os climas oceánicos e de montaña non teñen meses áridos. So a variedade Rías Baixas por influenza do Anticiclón das Azores no verán pode ter algún.
Os climas mediterráneos e de interior (mediterráneos continentalizados) teñen varios meses áridos 3-4
O clima árido do surleste da península e o subtropical de Canarias teñen máis de 5 meses áridos
PRECIPITACIÓNS:
En xeral considérase que a ESPAÑA HÚMIDA está por riba dos 800 mm de precipitación anual, a ESPAÑA SECA entre 400 e 800 mm e a ESPAÑA ÁRIDA por debaixo de 400 mm
No clima oceánico e de montaña soe estar por riba dos 1000 mm de precip.
No mediterráneo e de interior (mediterráneo continentalizado) entre 400 e 800 mm
No árido e subtropical por debaixo de 400 mm
SITUACIÓNS METEREOLÓXICAS
Interesante presentación con situacións metereolóxicas comentadas:
Algúns tipos de tempo comentados from xosea
Presentación cos tipos de tempo de referencia de selectividade comentados
Presentación cos tipos de tempo de referencia de selectividade comentados
sábado, 20 de septiembre de 2014
miércoles, 26 de marzo de 2014
lunes, 24 de febrero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)