domingo, 10 de marzo de 2013

RECALIFICACIÓN DE TERREOS

Ás veces os Concellos e por razóns diversas, recalifican os terreos catalogados nos plans xerais de ordenación municipal. Veremos a continuación un caso acontecido no Concello de Cambados recentemente. Trátase do chamado Pinal da Maza situado na parroquia de Vilariño.

Na foto aérea obtida do visor do Ministerio de Agricultura vese o terreo fai uns anos e o seu uso forestal.




Se vemos unha foto do mapa coa calificación dos terreos que o Concello elaborou en 2004 veremos que este está catalogado como: cor verde sucio que corresponde a "Solo rústico de proteción forestal"


Finalmente o Concello autorizou a utilización deste espacio como uso agrícola, para unha plantación de vide albariña.  Nesta foto de Google Earth que indica que é de xullo de 2012 xa aparece o terreo desbastado (e devastado) para ese uso.


Unha nova no xornal tamén nos dá idea das consecuencias xeomorfolóxicas e a conseguinte erosión do chan que trae consigo deforestar un área tan ampla e de forte pendente, cando se producen fortes chuvias, como aconteceu este inverno:


San Antonio registra otro vertido de tierra y piedras procedente del Pinal de Maza

Outro exemplo de recalificación:


El polígono de Sete Pías se ampliará con 250.000 metros cuadrados de zona forestal




miércoles, 6 de marzo de 2013

XENTRIFICACIÓN

A wikipedia define así a xentrificación:

" é un concepto urbanístico referido a un proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta. A palabra provén do termo inglés gentrification que é equivalente a aburguesamento".

Neste artigo do xornal El País falan deste fenómeno e poñen como exemplo ao barrio neoyorquino de Williamsburg, en Brooklyn.

Los 'yukis', ese grupo encargado de aburguesar los barrios

Son los nuevos 'yuppies'. Analizamos el fenómeno de los 'yukis' (Young Urban Kreative International), el grupo responsable de la gentrificación de las zonas más humildes de las cuidades.

 

Unha vista do barrio coa ponte de Williamsburg ao fondo que conecta Brooklyn con Manhattan

Antiga fábrica de azucre "Domino sugar" que vai ser rehabilitada como zona residencial

Antiga fábrica reconvertida en centro de Arte


PENSA EXEMPLOS DE BARRIOS DE CIDADES ESPAÑOLAS OU GALEGAS NAS QUE SE DEA O MESMO FENÓMENO


 

sábado, 16 de febrero de 2013

SALTAN AS ALARMAS: CAÍDA EN PICADO DA POBOACIÓN GALEGA

Todas as estatísticas alertan da caída da poboación galega. A crise non fai máis que agravar a situación, a natalidade sigue caíndo, fréase a chegada de poboación extranxeira que é máis nova e ten máis fillos e aumenta a saída de poboación nova ao extranxeiro buscando novas oportunidades de traballo. As consecuencias poden ser terribles para o dinamismo económico do país. Estas novas aparecidas nos xornais informan neste senso:

LA VOZ DE GALICIA


Galicia, la comunidad que más población pierde en España

Según el avance del Padrón 2012 que ha publicado el INE, hay 16.509 residentes menos en el territorio gallego. España gana 22.497 habitantes, pero se reduce la población inmigrante en 40.447


EL CORREO GALLEGO


Incluso no Salnés, unha das zonas demográficamente máis dinámicas de Galicia.

LA VOZ DE GALICIA

domingo, 16 de diciembre de 2012

COMENTARIO DUNHA PAISAXE NATURAL

No blog de Xose Antón atopamos unha vez máis interesantes materiais:




O CANÓN DO RÍO SIL


Cando un se achega ao mirador de Cabezoas admira unha paisaxe excepcional, de interese xeolóxica, botánica, cultural e histórica. Unha paisaxe na que, a todas luces, impacta a fendedura do curso de auga sobre estes cantís interiores -cunha caída de 500 m. desde o punto máis elevado ata a altura do caudal do río- de granito hercínico que se afunden no encoro de Santo Estevo.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

APROXÍMASE UNHA POTENTE BORRASCA

MÉRCORES 12 DE DECEMBRO DO 2012

A FOTO DO SATÉLITE CON ISOBARAS



OS MAPAS SINÓPTICOS. Ver a evolución das temperaturas conforme se achegan ventos do sur










E neste video fálannos da borrasca: