Todos os medios de comunicación falan hoxe da borrasca que nos vai afectar, creada froito do proceso de "Cicloxénese explosiva"
miércoles, 25 de abril de 2012
"CICLOXÉNESE EXPLOSIVA"
Todos os medios de comunicación falan hoxe da borrasca que nos vai afectar, creada froito do proceso de "Cicloxénese explosiva"
sábado, 4 de febrero de 2012
ONDA DE FRÍO SIBERIANO
Estamos sufrindo estes días unha onda de frío que ten a súa orixe no Anticiclón invernal Siberiano. Fíxate na foto de satélite con isobaras:
Vese un potentísimo anticiclón sobre Rusia, chega a haber valores de 1056 milibares ou hectopascais o que nos fala de que é aire moi frío (que ao arrefriarse tanto, pesa máis e descende dando lugar a altas presións de orixe térmico). Este anticiclón manda aire moi frío e seco, polar e ártico continental e de dirección norleste. Sobre Italia hai unha borrasca que reforza o envío deste aire frío cara o suroeste de Europa. Sobre gran parte da península temos anticiclón, por exemplo en Galicia e polo tanto tempo moi frío pero soleado. Só a borrasca italiana manda aire húmido e fixo que se deran nevadas no leste da Península.
E como resultado temos este tempo en Galicia:

Mira as baixisimas temperaturas rexistradas, especialmente nas zonas de interior e montaña.
Neste artigo do xornal El País un metereólogo explica de xeito sinxelo esta situación atmosférica:
Vese un potentísimo anticiclón sobre Rusia, chega a haber valores de 1056 milibares ou hectopascais o que nos fala de que é aire moi frío (que ao arrefriarse tanto, pesa máis e descende dando lugar a altas presións de orixe térmico). Este anticiclón manda aire moi frío e seco, polar e ártico continental e de dirección norleste. Sobre Italia hai unha borrasca que reforza o envío deste aire frío cara o suroeste de Europa. Sobre gran parte da península temos anticiclón, por exemplo en Galicia e polo tanto tempo moi frío pero soleado. Só a borrasca italiana manda aire húmido e fixo que se deran nevadas no leste da Península.E como resultado temos este tempo en Galicia:

Mira as baixisimas temperaturas rexistradas, especialmente nas zonas de interior e montaña.
Neste artigo do xornal El País un metereólogo explica de xeito sinxelo esta situación atmosférica:
"Cuando Siberia se deja la puerta abierta"
lunes, 26 de diciembre de 2011
A PENÍNSULA IBÉRICA DENDE O ESPACIO

A NASA facilitou esta imaxe aos medios de comunicación. Fíxate como as áreas de maior iluminación corresponden coas grandes áreas urbanas e as zonas máis poboadas. Case se podería usar esta imaxen como referencia para un comentario das densidades de poboación na Península e tamén daría pe a falar de contaminación lumínica.
Le o artigo da Voz de Galicia:
La península ibérica vista desde el espacio
sábado, 10 de diciembre de 2011
ENLACES METEREOLÓXICOS

NESTES ENLACES ATOPAREDES FOTOS DE SATÉLITE E MAPAS DE ISOBARAS.
METEOGALICIA. Foto do satélite con isóbaras.
AEMET (Axencia estatal de metereología). Foto de satélite con masas de aire (cores azuis e violeta, masas de aire frío, verdosas, aire cálido)
MET OFFICE. Axencia metereolóxica británica. Mapa de isóbaras (H=anticiclón, L= borrasca)
PAISAXES BIOXEOGRÁFICAS
Nesta presentación tendes un bo esquema da distribucións das paisaxes naturais en España en función de clima, solos e vexetación, non deixedes de vela.
HIDROGRAMAS
O hidrograma é un gráfico que permite ver a evolución media do caudal dun río ao longo dun ano, é dicir, sirve para estudar o seu réxime fluvial.
Nesta presentación tes un esquema de comentario de hidrogramas
Nesta presentación tes un esquema de comentario de hidrogramas
Comentario de un hidrograma
View more presentations from Isaac Buzo
miércoles, 23 de noviembre de 2011
CLIMAS E CLIMOGRAMAS
Presentación interesante sobre os climas de España. Fíxate que sinala máis tipos de climas que os que nós estudamos pero pode servirnos. Lembra que os tipos de clima que nós diferenciamos foron:
- Oceánico (con variedades de interior e Rías Baixas)
- Mediterráneo (con variedades máis máis húmidas no norte: Girona e Menorca e na costa atlántica, Huelva e Cádiz)
- Interior ou Mediterráneo continentalizado (con variedade Meseta Norte de invernos moi fríos e veráns frescos e variedade Val do Guadalquivir con veráns moi calurosos e invernos suaves)
- Árido ou Mediterráneo árido no surleste da Península. Hai tamén unha variedade árida de invernos fríos no centro da depresión do Ebro.
- De Montaña, non diferenciamos variedades, todos teñen características similares, as precipitacións son máis altas e as tempertauras máis baixas.
- Subtropical nas Canarias, con diferencias entre as illas occidentais máis chuviosas e as orientais máis secas e entre o norte das illas a barlovento dos Alisios (máis húmidas) e o sur a sotavento (máis secas).
Como facer un climograma cunha folla de cálculo (excel ou open office): mirar en climas do mundo.
Un climograma feito con excel:

Fixádevos que o gráfico ten dous eixos de ordenadas, un para os valores da precipitacións e outro para os das temperaturas e que un debe estar ao dobre do outro (precipitacións respecto a temperaturas) para que así podamos ver se hai aridez (usando ese sinxelo índice de que hai aridez cando P< 2T)

Climas de España from xosea

Suscribirse a:
Entradas (Atom)