viernes, 26 de octubre de 2012

QUE É UN FURACÁN E COMO SE FORMA?




Nesta páxina web da axencia americana NHC/NOAA  "NATIONAL HURRICANE CENTRE" podes acceder a información actualizada sobre furacáns no Caribe que son os únicos que (debilitados) poden chegar a afectarnos.

O furacán ou ciclón tropical que nestes momentos (26 de outubro 2012) amenaza o caribe é o SANDY:



Tamén é moi interesante a información que aparece no blog de Xosé Antón

sábado, 4 de febrero de 2012

ONDA DE FRÍO SIBERIANO

Estamos sufrindo estes días unha onda de frío que ten a súa orixe no Anticiclón invernal Siberiano. Fíxate na foto de satélite con isobaras:

Vese un potentísimo anticiclón sobre Rusia, chega a haber valores de 1056 milibares ou hectopascais o que nos fala de que é aire moi frío (que ao arrefriarse tanto, pesa máis e descende dando lugar a altas presións de orixe térmico). Este anticiclón manda aire moi frío e seco, polar e ártico continental e de dirección norleste. Sobre Italia hai unha borrasca que reforza o envío deste aire frío cara o suroeste de Europa. Sobre gran parte da península temos anticiclón, por exemplo en Galicia e polo tanto tempo moi frío pero soleado. Só a borrasca italiana manda aire húmido e fixo que se deran nevadas no leste da Península.
E como resultado temos este tempo en Galicia:


Mira as baixisimas temperaturas rexistradas, especialmente nas zonas de interior e montaña.

Neste artigo do xornal El País un metereólogo explica de xeito sinxelo esta situación atmosférica:

"Cuando Siberia se deja la puerta abierta"

lunes, 26 de diciembre de 2011

A PENÍNSULA IBÉRICA DENDE O ESPACIO


A NASA facilitou esta imaxe aos medios de comunicación. Fíxate como as áreas de maior iluminación corresponden coas grandes áreas urbanas e as zonas máis poboadas. Case se podería usar esta imaxen como referencia para un comentario das densidades de poboación na Península e tamén daría pe a falar de contaminación lumínica.

Le o artigo da Voz de Galicia:

La península ibérica vista desde el espacio

sábado, 10 de diciembre de 2011

ENLACES METEREOLÓXICOS


NESTES ENLACES ATOPAREDES FOTOS DE SATÉLITE E MAPAS DE ISOBARAS.

METEOGALICIA. Foto do satélite con isóbaras.

AEMET (Axencia estatal de metereología). Foto de satélite con masas de aire (cores azuis e violeta, masas de aire frío, verdosas, aire cálido)

MET OFFICE. Axencia metereolóxica británica. Mapa de isóbaras (H=anticiclón, L= borrasca)

PAISAXES BIOXEOGRÁFICAS

Nesta presentación tendes un bo esquema da distribucións das paisaxes naturais en España en función de clima, solos e vexetación, non deixedes de vela.

HIDROGRAMAS

O hidrograma é un gráfico que permite ver a evolución media do caudal dun río ao longo dun ano, é dicir, sirve para estudar o seu réxime fluvial.

Nesta presentación tes un esquema de comentario de hidrogramas