domingo, 16 de diciembre de 2012

COMENTARIO DUNHA PAISAXE NATURAL

No blog de Xose Antón atopamos unha vez máis interesantes materiais:




O CANÓN DO RÍO SIL


Cando un se achega ao mirador de Cabezoas admira unha paisaxe excepcional, de interese xeolóxica, botánica, cultural e histórica. Unha paisaxe na que, a todas luces, impacta a fendedura do curso de auga sobre estes cantís interiores -cunha caída de 500 m. desde o punto máis elevado ata a altura do caudal do río- de granito hercínico que se afunden no encoro de Santo Estevo.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

APROXÍMASE UNHA POTENTE BORRASCA

MÉRCORES 12 DE DECEMBRO DO 2012

A FOTO DO SATÉLITE CON ISOBARAS



OS MAPAS SINÓPTICOS. Ver a evolución das temperaturas conforme se achegan ventos do sur










E neste video fálannos da borrasca:


domingo, 4 de noviembre de 2012

ROCHEDO PREDOMINANTE E FORMAS DE MODELADO

Estes PPs axúndannos a estudar as formas de modelado que se dan na península nas diferentes áreas de rochedo, básicamente son:

- Modelado granítico na zona silícea

- Modelado Kárstico na zona calcaria

- Modelado sobre arxilas e outras rochas sedimentarias

- Modelado sobre rochas volcánicas




viernes, 26 de octubre de 2012

QUE É UN FURACÁN E COMO SE FORMA?




Nesta páxina web da axencia americana NHC/NOAA  "NATIONAL HURRICANE CENTRE" podes acceder a información actualizada sobre furacáns no Caribe que son os únicos que (debilitados) poden chegar a afectarnos.

O furacán ou ciclón tropical que nestes momentos (26 de outubro 2012) amenaza o caribe é o SANDY:



Tamén é moi interesante a información que aparece no blog de Xosé Antón

sábado, 4 de febrero de 2012

ONDA DE FRÍO SIBERIANO

Estamos sufrindo estes días unha onda de frío que ten a súa orixe no Anticiclón invernal Siberiano. Fíxate na foto de satélite con isobaras:

Vese un potentísimo anticiclón sobre Rusia, chega a haber valores de 1056 milibares ou hectopascais o que nos fala de que é aire moi frío (que ao arrefriarse tanto, pesa máis e descende dando lugar a altas presións de orixe térmico). Este anticiclón manda aire moi frío e seco, polar e ártico continental e de dirección norleste. Sobre Italia hai unha borrasca que reforza o envío deste aire frío cara o suroeste de Europa. Sobre gran parte da península temos anticiclón, por exemplo en Galicia e polo tanto tempo moi frío pero soleado. Só a borrasca italiana manda aire húmido e fixo que se deran nevadas no leste da Península.
E como resultado temos este tempo en Galicia:


Mira as baixisimas temperaturas rexistradas, especialmente nas zonas de interior e montaña.

Neste artigo do xornal El País un metereólogo explica de xeito sinxelo esta situación atmosférica:

"Cuando Siberia se deja la puerta abierta"