martes, 12 de noviembre de 2013

NUBES E POESÍA



Magnífico é o retrato que fai Antonio Machado sobre o paso dunha fronte fría nun día de abril polos "Campos de Castilla".


EN ABRIL LAS AGUAS MIL


Son de abril las aguas mil.

Sopla el viento achubascado,

y entre nublado y nublado

hay trozos de cielo añil.

Agua y sol. El iris brilla.

En una nube lejana,

zigzaguea

una centella amarilla.

La lluvia da en la ventana

y el cristal repiquetea.

A través de la neblina

que forma la lluvia fina,

se divisa un prado verde,

y un encinar se esfumina,

y una sierra gris se pierde.

Los hilos del aguacero

sesgan las nacientes frondas,

y agitan las turbias ondas

en el remanso del Duero.

Lloviendo está en los habares

y en las pardas sementeras;

hay sol en los encinares,

charcos por las carreteras.

Lluvia y sol. Ya se oscurece

el campo, ya se ilumina;

allí un cerro desaparece,

allá surge una colina.

Ya son claros, ya sombríos

los dispersos caseríos,

los lejanos torreones.

Hacia la sierra plomiza

van rodando en pelotones


nubes de guata y ceniza.

domingo, 10 de noviembre de 2013

MASAS DE AIRE E FRONTES

Unha fronte é unha zona de contato entre dúas masas de aire con diferentes características meteorolóxicas; normalmente implica diferente temperatura e/ou humidade. As frontes asócianse con zonas de baixas presións e prodúcense cando unha masa de aire frío se pon en contato con outra de aire cálido.


Unha fronte fría é unha franxa de mal tempo que sucede cando unha masa de aire frío achégase a unha masa de aire quente. O aire frío, sendo máis denso, xera unha "cuña" e métese por debaixo do aire cálido e menos denso. Como o aire quente é desprazado violentamente, ao ascender a humidade que contén condénsase e provoca a formación de nubes de gran desenvolvemento vertical como son os cúmulonimbos que traen chuvias intensas.



Unha fronte cálida é un fenómeno metereolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío. O ascenso é máis lento ca na fronte fría e polo tanto a condensación e formación de nubes e chuvia tamén. Se na fronte fría se orixinaban chuvias intensas, ás veces a modo de trebóns, na fronte cálida son chuvias finas ocasionadas por nubes de menor desenvolvemento vertical, como estratos e nimboestratos. Ver link.

A fronte ocluída fórmase cando dúas frontes diferentes, unha fría e outra cálida, se superpoñen. O motivo é que a fronte fría móvese a maior velocidade que a fronte cálida. A fronte cálida, ó ser menos densa, é empurrada pola fronte fría cara arriba, quedando a fronte fría a rente do chan e a cálida sen contacto con este (ocluída, de xeito que ó non ter contacto co chan vai desaparecendo pouco a pouco).


As frontes represéntanse nos mapas de superficie con diferentes formas e cores como podemos ver neste mapa de superficie que  corresponde a febreiro de 2009:






QUE É O JET STREAM (CORRENTE EN CHORRO)?

Este video da Met office pódenos axudar:



E este enlace coa Wikipedia tamén.

Este video, en español, aporta datos curiosos sobre esta fortísima corrente de ventos que circula a uns 11000 mtrs de altura e regula o tempo que fai en superficie


Neste video da NASA podes ver o movemento do Jet Stream Polar do Hemisferio Norte (que é o que nos afecta a nós). Se esta corrente ten unha dirección máis ou menos paralela ao ecuador falamos de Circulación zonal, se pola contra se ondula e vai máis ou menos de norte a sur decimos que é unha circulación meridiana. Esta última circulación favorece o intercambio de masas de aire: masas de aire cálidas van máis cara o norte e masas de aire frío chegan máis ao sur. Isto supón normalmente que zonas ao norte se vexan afectadas por anticiclóns e zonas máis ao sur por borrascas.