Unha fronte fría é unha franxa de mal tempo que sucede cando unha masa de aire frío achégase a unha masa de aire quente. O aire frío, sendo máis denso, xera unha "cuña" e métese por debaixo do aire cálido e menos denso. Como o aire quente é desprazado violentamente, ao ascender a humidade que contén condénsase e provoca a formación de nubes de gran desenvolvemento vertical como son os cúmulonimbos que traen chuvias intensas.
Unha fronte cálida é un fenómeno metereolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío. O ascenso é máis lento ca na fronte fría e polo tanto a condensación e formación de nubes e chuvia tamén. Se na fronte fría se orixinaban chuvias intensas, ás veces a modo de trebóns, na fronte cálida son chuvias finas ocasionadas por nubes de menor desenvolvemento vertical, como estratos e nimboestratos. Ver link.
A fronte ocluída fórmase cando dúas frontes diferentes, unha fría e outra cálida, se superpoñen. O motivo é que a fronte fría móvese a maior velocidade que a fronte cálida. A fronte cálida, ó ser menos densa, é empurrada pola fronte fría cara arriba, quedando a fronte fría a rente do chan e a cálida sen contacto con este (ocluída, de xeito que ó non ter contacto co chan vai desaparecendo pouco a pouco).
As frontes represéntanse nos mapas de superficie con diferentes formas e cores como podemos ver neste mapa de superficie que corresponde a febreiro de 2009: