domingo, 10 de noviembre de 2013

QUE É O JET STREAM (CORRENTE EN CHORRO)?

Este video da Met office pódenos axudar:



E este enlace coa Wikipedia tamén.

Este video, en español, aporta datos curiosos sobre esta fortísima corrente de ventos que circula a uns 11000 mtrs de altura e regula o tempo que fai en superficie


Neste video da NASA podes ver o movemento do Jet Stream Polar do Hemisferio Norte (que é o que nos afecta a nós). Se esta corrente ten unha dirección máis ou menos paralela ao ecuador falamos de Circulación zonal, se pola contra se ondula e vai máis ou menos de norte a sur decimos que é unha circulación meridiana. Esta última circulación favorece o intercambio de masas de aire: masas de aire cálidas van máis cara o norte e masas de aire frío chegan máis ao sur. Isto supón normalmente que zonas ao norte se vexan afectadas por anticiclóns e zonas máis ao sur por borrascas.